CRTVG

Buscar

Unha sanción priva a Jorge Prado da súa segunda vitoria en MXGP

Publicado o 27/09/2020 20:56

Esta imaxe transmitía a euforia de Jorge Prado en Lombardía. Acacaba de conseguir a súa segunda vitoria en MXGP. Pero os comisarios revisaron unha suposta irregularidade do piloto lucense, que foi denunciada pola escudería Yamaha. Jorge Prado e Romain Febre, que loitaban polo segundo posto na segunda rolda, realizaron un salto con bandeira amarela, e iso ocasionou que cada un deles perdese dúas posicións. Tamén foi sancionado outro francés, Gautier Paulin. KTM considera que a bandeira amarela non estaba ben sinalizada, pero a decisión xa é firme.

Así, as contas entre o segundo posto da rolda inicial e o cuarto da segunda xa non saían. Jeremy Seewer, o gañador da primeira carreira, fíxose coa vitoria, por diante de Tim Gajser. Prado tivo que conformarse co terceiro posto, o seu cuarto podio nas últimas cinco carreiras. A loita polo Mundial segue máis pechada ca nunca. Tim Gajser arrebátalle a chapa vermella de líder a Antonio Cairoli e, malia a sanción, Prado ascende ao cuarto posto, a 39 puntos do liderado.






 

Noticias web

27/09/2020