CRTVG

Buscar

Unha reunión de curmáns deixa 33 contaxiados na Illa de Arousa

Publicado o 14/01/2021 14:50

33 positivos tras unha reunion de curmáns na Illa de Arousa. Os datos xurdidos de gromos familiares medran tras as festas do Nadal.

"Alá ao fondo fixeron unha reunión e veu xente de fora, de Cambados, amigos que se reuniron e fixeron unha festa, iso escoitei". "33 persoas paréceme unha esaxeración. Outra son 6, 7, 8, pero 33 parece como para poñerlle unha multa", din os veciños.

O da Illa non é o unico gromo que preocupa. Outra reunión familiar en Pontecesures deixa 15 contaxios. A maoiría asegura que cumpre coas recomendacións, pero a realidade...

"Había 4 persoas nunha mesa a tomar café. Eu cheguei, deixei a tarteira e marchei. Ao día seguinte dinme que o pai está moi grave no hospital".  "Nós queremos estar xuntas, pero non deberiamos porque agora veñen as consecuencias".

Temen que as medidas que entran en vigor esta noite, co peche da hostalería ás 6 da tarde e a limitación a grupos de 4 persoas, converta os domicilios en lugares de reunión.

"Habera de todo, haberá quen o faga". "Eu penso que todo o mundo está cumprindo e que todo o mundo o faga".

Unha responsabilidade individual que segue a ser determinante para conseguir que a cifra de contaxios deixe de medrar.

Noticias web

14/01/2021