Unha residencia de Ourense volve voluntariamente á fase 1 para garantir a seguridade dos usuarios
Hai dous meses a residencia do Viso, en Ourense, reabría as súas portas para as visitas dos familiares. Distancia e restricións nas visitas que agora volven a impor como medida preventiva a pesar de que na zona non se teñen rexistrados casos.
Decidiron volver de xeito voluntario á fase 1, limitando as visitas a un familiar a semana por usuario cun límite de tempo dunha hora e extremando as exixencias sanitairas.
Queren anticiparse para manter os seus usuarios e traballadores libres de covid. Non descartan suspender totalmente as visitas se seguen medrando o número de contaxios ainda que non sexa na súa área de influencia. Medida que adoptaron xa, a instancias da autoridade sanitaria, residencias localizadas naqueles concellos onde se rexistran gromos.
O obxectivo, manter protexidos aos máis vulnearables nesta pandemia.