CRTVG

Buscar

A Revista

Unha reposteira de Allariz elabora tortas para diabéticos, celíacos ou veganos

Publicado o 13/09/2017 12:44




Poderiamos pensar que os diabéticos ou celíacos non teñen moitas oportunidades de gozar do pracer de tomar un anaco de pastel. Os profesionais da repostería traballan día a día para que iso non sexa así. Unha reposteira de Ourense especializouse en sobremesas que non perden nada de sabor para persoas con intolerancias.

Neste recuncho do centro histórico de Allariz abriu Teresa hai uns días a súa pastelería. Con moitos anos de experiencia como propietaria e cociñeira en varios restaurantes vexetarianos, decidiu facerlles a vida un chisco máis doce a persoas con intolerancias alimenticias.

Con materias alternativas ao azucre, os ovos, a nata ou o leite, e con fariñas sen glute, elabora tortas á medida para diabéticos, celíacos ou veganos.

O seu é un labor de pura artesanía. Calquera froita ou vexetal, coma os tomates, lle serve de base para preparar unha sobremesa orixinal. Di que seus doces teñen vida propia.

Cociña por encargo aínda que dispón tamén de tortas para comensais sen impedimentos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

13/09/2017