CRTVG

Buscar

Unha réplica do Shtandart, a xoia da frota rusa no Báltico, pode visitarse en Vigo

Publicado o 07/05/2019 22:04

Estes días pode visitarse en Vigo unha xoia do século XVIII. É unha réplica da fragata coa que Pedro I o Grande de Rusia cimentou a súa lenda. Agora é un buque escola que percorre toda a costa europea ofrecendo experiencias de navegación.

Foi a xoia da frota do Báltico, e o seu primeiro capitán foi o zar Pedro, o Grande. A fragata Shtandart está estes días en Vigo onde fará unha da súas travesías como buque-escola, con quince voluntarios de orixe rusa. O capitán do barco foi o que construíu hai vinte anos en San Petersburgo esta réplica exacta da fragata que fora botada ao mar no 1703.

Segundo o capitán Vladimir Martus, construíron o barco coa mesma tecnoloxía que usaron hai trescentos anos. Sen trampas, nada de iluminación, nin de aceiro, xa que todo é de madeira. Todo, mesmo cabos e velas, son exactamente como eran daquela. Iso si, por seguridade, tiveron que poñer motor para entrar e saír do porto, pero non o usan cando navegan.

Segundo o capitán Martus, a misión da súa fundación é promover experiencias de navegación. Dar á xente de calquera idade e nacionalidade a posibilidade de sentir como se navegaba no século dezasete. Estes son algúns dos afortunados que gozarán estes días dunha experiencia que calquera pode vivir.

Maña tamén poderá visitarse de balde o Shtandart, de tres a sete e media da tarde, no peirao de Portocultura.









 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/05/2019