CRTVG

Buscar

Unha rapaza morre acoitelada esta madrugada en Alxeciras

Publicado o 19/01/2019 14:25

Unha rapaza de 20 anos morreu acoitelada esta madrugada en Alxeciras despois de que orixinara unha liorta nun bar.
Á espera de que conclúan as investigacións, os feitos producíronse cando dúas parellas se enfrontaron no interior dun establecemento, unha rifa que continuou na rúa.
Ao parecer a rapaza, moza dun dos implicados, intercedeu na liorta e recibiu unha puñalada pola que, finalmente, morreu no hospital.
A policía detivo un home duns 50 anos en relación cos feitos.

Noticias web

19/01/2019