CRTVG

Buscar

Unha rapaza de 18 anos denuncia unha violación masiva en Sabadell

Publicado o 04/02/2019 14:13

Unha rapaza de 18 anos foi onte á mañá á Policia Municipal de Sabadell e denunciou que acababan de violala varios individuos nunha nave abandonada da localidade. A policía detivo seis sospeitosos e trasladou o caso aos Mossos d'Esquedra. Segundo as primerias investigacións, tres dos detidos participaron directamente na violación e os outros tres foron testemuñas e non fixeron nada por evitala.

Os veciños do barrio din que na nave viven ocupantes ilegais problemáticos e que eles viven con medo.

"Practicamente son todo naves, a metade abandonadas, e os que vivimos aquí, pois... pouca luz e inseguridade".

"Hai catro bares e ás cinco pechan, pois todo isto queda como un deserto xa".

Os Mossos interrogan hoxe os detidos, polo que non se prevé que durante a xornada pasen a disposicion xudicial.


 

Noticias web

04/02/2019