CRTVG

Buscar

Unha rapaza atopa unha alfaia medieval nun castelo esquecido en Ponte Caldelas

Publicado o 24/02/2019 18:12

Os incendios de outubro do 17 deixaron visible os restos do castelo altomedieval de Pontecaldelas. Despois viñera moita choiva, e cando escampou, Maica e o seu rapaz foron un día pasear pola fortificación.

Maica Juncal:"E de repente atopamos algo que brilaba, despois pensamos se tería importancia".

Tratábase dun colgante do arnés dun cabalo, unha alfaia única en Galicia.

Carmen Lorenzo, directora da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia: "O traballada que está pois deben pertencer a alguén da clase alta, da nobreza".

Alberte Reboreda, arqueólogo: "Tiña que estar nun lugar moi visible da súa montura, rango e categoría".

Este é o debuxo da alfaia, unha peza exquisita resultado dun traballo minucioso de talla e de esmaltado.

Maica Juncal: "Eles collíano como algo delicado, sentíame orgullosa porque eu na casa non lle ía facer ningún valor".

Carmen Lorenzo, directora da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia: "É emocionante tela nas mans, son pezas únicas e extraordinarias"

Debido á acidez do noso solo e a humidade, o estado de conservación da peza é admirable

Carmen Lorenzo, directora da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia: "Imos facer traballo de limpeza e protección"

O mesmo día que Maica atopou o colgante do guerreiro alado, tamén deu cunta punta de frecha coetánea.

Alberte Reboreda, arqueólogo: "Non é doado nin é frecuente porque habitualmente este tipo de pezas aprecen contextos de excavacións; esto permite unha datación moito máis excata da peza".

A lexislación obriga a comunicar á Consellería de Cultura todo achádego arqueolóxico.

Maica Juncal: "Home.... estou máis orgullosa que vamos".

O cabaleiro alado quedará exposto no Museo de Pontevedra.

Noticias web

24/02/2019