CRTVG

Buscar

Unha quenlla de máis dun metro na praia de Rodas, nas illas Cíes

Publicado o 20/07/2021 20:29

É unha quenlla, prionace glauca, quenlla azul, nadando tranquilamente entre muxos na praia de Rodas nas Illas Cíes, a unha altura na que unha persoa daría pé.

Non é normal ou, non é normal velas tan grandes, porque este exemplar mide bastante máis dun metro. Canto máis preto da costa , máis pequenas adoitan ser.

Veñen á busca de alimento e seguridade. Non nos van comer, somos nos quen as comemos a elas. De feito é a mesma variedade de quenlla que pesca a frota de altura e que se vende por toneladas no Berbés.

Isto pasa días despois dun novo avistamento das candorcas que veñen seguindo a migración do atún. Temos un arroá Manoliño, unhas candorcas Gladis e agora unha quenlla por bautizar.

Coma nos casos anteriores, se damos cunha mellor non molestala. Non é mala pero ten dentes.





 

Noticias web

20/07/2021