CRTVG

Buscar

Unha proxección 3D pecha a primeira década da Torre como Patrimonio da Humanidade

Publicado o 01/07/2019 09:07

A historia da Coruña e do seu faro romano narrouse sobre a pedra do monumento nun espectáculo de viodeomapping que despediu a celebración do décimo aniversario da torre de Hércules como patrimonio da humanidade. O concerto de Mercedes Peón serviu de preludio á proxeccción.

O universo sonoro de Mercedes Peón envolveu a noite ao pé do faro milenario. A artista creou o espectáculo "Achégate a min" especialmente para este día, para celebrar que a torre de Hércules é, desde hai unha década, patrimonio mundial.

Despois do concerto, o monumento tornou nun decorado xigante de pedra. Sobre a pantalla tridimensional proxectáronse lendas e narráronse historias, as dunha cidade conectada ao mundo a través do Atlántico e as do seu faro, guía dos barcos que navegan polos mares do finisterrae.

"Luz e son de Hércules" é o nome do espectáculo de videomapping que vestiu de luz e cores a torre e que volverá proxectarse esta noite.

Noticias web

01/07/2019