CRTVG

Buscar

Unha protectora de Pontevedra pide axuda para atopar un home que abandonou unha cadela

Publicado o 08/03/2018 14:21

Unha protectora de animais de Pontevedra pide axuda para localizar o protagonista do seguinte vídeo, gravado polas súas cámaras de seguridade. Foi en fin de semana e de madrugada, con nocturnidade e aleivosía, podería dicirse. Nas imaxes vese con total claridade como un home se achega cunha cadela pequena ao muro da protectora e intenta tirala para dentro das instalacións. O animal, xa subido á parede, resístese, pero o home, non sen traballo, acábaa empurrando sen contemplacións. A cadela estaba preñada e á semana seguinte do abandono pariu cinco cadelos. Un deles morreu.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/03/2018