CRTVG

Buscar

Unha proposta de JxCat, ERC e CUP pide ratificar a Torra como presidente

Publicado o 04/01/2020 16:44
Unha proposta de JxCat, ERC e CUP pide ratificar a Torra como presidente

JxCat, ERC e a CUP presentaron unha proposta de resolución, que se votará no pleno do Parlament deste sábado, que pide á Cámara ratificar ao presidente da Generalitat,  Quim  Torra, como deputado e xefe do Executivo. Así mesmo a proposta tamén pide que se rexeite a decisión da Xunta Electoral Central de retirarlle o escano.   

A resolución está asinada polos tres grupos independentistas, este mesmo sábado o vicepresidente da Generalitat,  Pere  Aragonès, pediu unha resposta "ampla" que inclúa a PSC e  comuns, e tamén cualifica de "golpe de estado" a resolución da XEC porque consideran que contravén a vontade da cidadanía.