CRTVG

Buscar

Unha profesora de Tomiño enxeña un sistema para manter os alumnos activos

Publicado o 14/04/2020 15:16

A estas alturas do confinamento, os rapaces xa son conscientes de que estar na casa non significa vacacións. Mestres e alumnos tiveron que adaptarse a unha maneira diferente de traballar, a distancia e sen horarios marcados. Jessica Rodríguez, unha mestra de cuarto de primaria de Tomiño, desenvolve o seu propio material pedagóxico, que lles envía aos alumnos cada día a través de WhatssApp, para garantir que chega a todos.

Espertar o interese dos rapaces sen telos diante e axudalos a afrontar a situación social e familiar provocada polo coronavirus empuxou a Jessica a dar o mellor de si mesma. E non hai máis que ver a boa resposta dos rapaces para saber que, se os alumnos puntuasen, poñeríanlles moi boa nota aos seus mestres por iniciativas coma esta.

Noticias web

14/04/2020