Unha primitiva selada en Muros, premiada con 1,4 millóns de euros
Publicado o 15/11/2020 09:12

Un novo premio millonario caeu en Galicia o sábado na Barbanza. Un boleto da lotaría primitiva selado no café bar O Tavilo na localidade muradá de Esteiro, na rúa Ribeira de Maio, resultou agraciado con nada menos que 1.4 millóns de euros.
É unha aposta que contén seis acertos, nunha xornada, a deste sábado, en que non houbo acertantes do premio especial. Por tanto, o afortunado ou afortunados, cobrará este importante premio.