CRTVG

Buscar

Unha praga de mosquitos invade Ribadeo desde hai unha semana

Publicado o 30/06/2019 11:22

Unha praga de mosquitos invade Ribadeo desde hai unha semana. Os insectos non pican á poboación, pero son moi numerosos e comenzan a ser un problema público.

De tamaño minúsculo, pero moi espesos. Así son os mosquitos que desde hai unha semana afectan á localidade de Ribadeo. A súa presencia vai a máis e segundo as averigüacións encargadas polo Concello a orixe podería estar na madeira depositada no peirao.

Veciños e visitantes están cansos de que os mosquitos, lonxe de desaparecer, cada vez se espallen máis polo casco urbano. Demandan unha solución urxente.

A presencia dos mosquitos pode deberse tamén á humidade e ás altas temperaturas dos últimos días, pero o caso é que están a afectar á poboación xusto ás portas do inicio da temporada máis alta para a hostalería.

Noticias web

30/06/2019