CRTVG

Buscar

Unha praga de moscas instálase en varias casas da zona do Val, en Narón

Publicado o 07/06/2021 14:40

Dende hai unhas semanas varios veciños da Quinta, Carballeda, Penelas e Lobeiro conviven nos seus fogares con pragas de moscas que lles están a facer a vida imposible. A diario centos destes insectos aparecen nos seus fogares para coarse por todos os recunchos. 

Agora coa chegada da calor a presenza das moscas estase incrementando aínda máis e xa non saben que facer para desfacerse delas. O que máis lles sorprende é que esta praga de insectos non está en todas as casas da zona. 

Polo de pronto descoñécese onde pode estar o foco pero solicitan a todos os veciños que estean atentos por se detectan algo que poida dar unha pista que permita coñecer a orixe. Non poden máis e solicitan que se lles dea algunha solución antes de que chegue o verán. 

Noticias web

07/06/2021