Unha pota ao lume causa un incendio nunha vivenda de Ourense
Publicado o 25/06/2019 22:37

Unha muller deixou unha pota o lume, o que causou un incendio sen danos personais. Con todo, provocou moito fume. Acudiron dous camións de bombeiros e tres patrullas da Policía Local para sufocar as lapas e baleirar o fume da vivenda, situada no barrio da Ponte da cidade das Burgas.