CRTVG

Buscar

Unha ponte en mal estado en Sarria fai temer pola seguridade

Publicado o 07/03/2019 14:10

Esta é a ponte de San Sadurniño de Ferreiros. Aparentemente, se non fora por estes ferros e plásticos, vista así parece que a ponte está en bo estado, tanto que pasan coches e camións por riba dela. Pero cando se mira dende baixo, vese como un dos piares que a terman está desprazado.  

"Eles mesmos dixeron que non podían pasar camións, pero por onde se van amañar? Vai pasar unha desgraza". "Si que é un risco, porque moita xente vén lanzada e ese tropezón está en curva e é un perigo, freas en seco".

Cando se deu parte do dano, apuntalaron a ponte, pero mesmo os puntais semella que fraquean debido a que o río ten moitas medras e se vai atorando. Ademais, segundo contan os veciños, xa vai para dous anos que está apuntalada.

"Viñeron e puxéronlle os paus... pero hai xa un ano". "Iso leva así moito tempo, e por riba pasan os coches tunelados e todo".

Malia que aconsellan que non pasen vehículos de gran tonelaxe, nin os camións do leite, nin os de repartición, nin os das obras teñen outro camiño alternativo polo que pasar, co cal os veciños agardan que chegue unha solución o máis axiña posible para evitar, segundo din, que haxa unha desgraza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/03/2019