CRTVG

Buscar

Unha policía viguesa sálvalle a vida a un bebé de 19 días

Publicado o 21/02/2020 21:19

Segundos que salvan vidas. Estar no momento adecuado no lugar adecuado.

E é que María Jesús, policía en prácticas, está máis afeita a este tipo de situacións que a esta que a pillou fóra de servizo pero cos 5 sentidos. O naipelo estaba morado e tiña dificultades para respirar. Non dubidou en collelo e facerlle a manobra que lle aprenderon durante a instrución. Persistiu ata que volveu respirar. A axente envolve o relato de normalidade, pero valora a importancia de ter este tipo de coñecementos.

Probablemente María Jesús nunca pensou, e menos no período de prácticas e fóra de servizo, ter que estrearse así. Porén, sabe que é algo que forma parte da súa profesión e víveo como un logro colectivo.
Heroes con ou sen traxe azul que están onde menos o esperas.







 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/02/2020