CRTVG

Buscar

Unha policía local de Vigo, condecorada coa Medalla ao Mérito de Protección Civil por salvarlle a vida a un bebé

Publicado o 29/03/2021 11:57

Enzo acaba de facer un ano e probablemente estea vivo grazas aos primeiros auxilios que lle practicou María Xesús cando tiña apenas 15 días. Despois de aleitalo, súa nai deitouno e atragoouse. Desesperada, Patricia saíu á rúa para pedir auxilio. O azar quixo que María Xesús, que é policía local, pero non estaba de servizo, pasara por alí e lle realizara a manobra de Heimlich.

Unha vez realizada a manobra o pequeno Enzo foi trasladado ao hospital e María Xesús quixo saber da sua evolución. Unha semana despois produciuse o reencontro.

Desde entón úneas unha amizade moi estreita. Para Patricia, María Xesús converteuse no seu anxo da garda.

Por esta acción, María Xesús acaba de recibir a Medalla ao Mérito de Protección Civil que concede o Ministerio do Interior.

Noticias web

29/03/2021