CRTVG

Buscar

Unha plataforma en liña pon en contacto mulleres para saír a correr en Vigo

Publicado o 14/04/2019 12:56

Seguro que entre vostedes hai quen se apuntou ultimamente a facer deporte e moitos optarían polo running ou saír a correr de toda a vida. Unha práctica que cada vez levan a cabo máis mulleres, pero atendan a este dato: nove de cada dez din que non se senten seguras saíndo a correr soas, un medo que se supera en boa parte indo acompañada.

Isto é o que permite Sincronizadas, unha plataforma que conecta mulleres para correren xuntas. Hoxe temos con nós unha das súas impulsoras en Galicia, Andrea Gabián.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/04/2019