Unha plataforma de afectados da AP-9 vai reclamar os gastos dos transportistas durante as obras de Rande
Audasa afronta unha nova batalla legal en Galicia. En Santiago presentouse esta mañá a Plataforma de Afectados da AP-9, que vai reclamar as peaxes e outros gastos que sufriron os transportistas durante os 40 meses que duraron as obras de ampliación da ponte de Rande.
A plataforma fai un chamamento a empresas e autónomos para que se unan a esta iniciativa que, segundo dixeron esta mañá en Santiago, é unha cuestión de dignidade colectiva para os transportistas.
A idea é agrupar as demandas contra Audasa polos prexuízos económicos que se derivaron dos 40 meses de obras para ampliar a ponte de Rande.
Estes danos ocasionais serían aquelas mercadorías que non se puideron entregar a tempo por mor das retencións e que foron devoltas.
Para a plataforma, Audasa non cumpriu en todo ese tempo coas súas obrigas.
A nova plataforma calcula que un camión que circulars un día á semana entre Pontevedra e Vigo podería reclamar uns 2.000 euros e estima que neses corenta meses de obras cruzaron Rande preto de 2.000 camións diarios.