CRTVG

Buscar

Unha planadora pasa por riba dunha lancha e mata un neno que estaba dentro

Publicado o 14/05/2018 20:48

En Alxeciras, unha planadora pasa por riba dunha lancha de recreo e mata un neno que se atopaba dentro. A Garda Civil detivo os dous condutores da lancha. O rapaz, de oito anos, estaba co seu pai. Ao parecer, a planadora estaba facendo manobras perigosas e o pai do cativo discutiu cos pilotos. Foi entón cando a lancha rápida abordou a outra embarcación. O home está ferido e tivo que ser trasladado ao hospital.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/05/2018