CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Unha pintora de coches luguesa acode ao mundial de FP en Abu Dhabi

Publicado o 29/09/2017 14:26

Estudou un oficio de homes, e agora vai demostrar por que é a mellor, tamén nun país de homes. Nuns días celébrase en Abu Dhabi o certame internacional de Formación Profesional, e alá vai Silvia Folgueira, a mellor de España en pintura do automóbil.

Chámase Silvia Folgueira, ten só 21 anos e xa despunta no sector da automoción. Esta moza da Pastoriza leva no sangue o mundo do automóbil e dende pequeniña tivo claro o seu futuro. Estudou o ciclo superior de Automoción, facéndose un oco onde predominaban os homes. Pero ademais de romper estereotipos, o seu bo facer levouna a destacar por encima dos demais. Nas olimpíadas de Formación Profesional gañou en Silleda e representou a Galicia en Madrid, de onde volveu como campioa na categoría de pintura do automóbil. Agora prepárase para o mundial que se disputará dentro duns días en Abu Dhabi.

Grazas ao seu bo traballo conseguiu un contrato despois de rematar as prácticas. Aquí fai de todo e pon en práctica o que tanto leva estudado. O traballo neste taller, onde tamén é a única muller, sérvelle para practicar para o mundial, pero ao saír de aquí segue adestrando co seu titor de FP. Cre que a clave do seu éxito está na súa meticulosidade.

Agora, con algo de nervios, prepara os últimos detalles da viaxe. Nos Emiratos Árabes competirá con outros 27 alumnos da FP. De entre todos cre que son seis as mulleres que amosarán o súa habilidade pintando coches.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí