CRTVG

Buscar

Investigan as posibles causas do accidente de trens en Cataluña

Publicado o 09/02/2019 15:21

Unha persoa morta e seis feridos graves, e un cento con feridas de diversa consideración é o reconto provisional do accidente entre dous trens acontecido na tarde de onte en Manresa, Barcelona. A falecida é a maquinista dun dos convois, tiña 26 anos.

O sinistro sucedeu sobre as seis da tarde de onte, cando o tren que viaxaba de Barcelona a Manresa se atopou de fronte con outro en dirección contraria, malia que se trataba dun tramo de dobre vía. Renfe iniciou unha investigación para determinar as causas do accidente. A liña permanece cortada e ofrécese un servizo alternativo por estrada. Hai dous meses esta liña ferroviaria xa sufrira outro accidente, por un desprendemento, que deixou unha persoa morta e 41 feridas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2019