Unha persoa morta e dúas intoxicadas por un escape de gas nunha vivenda de Pamplona
Publicado o 06/12/2018 09:10
Unha persona morreu e dúas sufriron intoxicación grave por un escape de gas ou monóxido de carbono nunha vivenda en Pamplona.
Segundo as pimeiras investigacións, a causa podería ser a mala combustión dunha caldeira de gas natural. Os bombeiros non atoparon ningunha outra fonte que puidese provocar a intoxicación.
A alerta deuna o fillo da muller falecida, propietaria da vivenda. Peocupado porque non lle contestaba ningúen ao teléfono, foi ao piso e atopou as tres persoas tiradas no chan. Os feridos son dous anciáns, un home de 91 anos e unha muller de 88.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí