CRTVG

Buscar

Falece unha persoa nun accidente ocorrido de madrugada na Illa de Arousa

Publicado o 14/10/2020 08:47

Accidente mortal na Illa de Arousa. Ocorreu na rotonda de entrada á illa.

O condutor dun turismo perdeu o control do volante e foise contra o gardarraíl. Morreu no momento. Canda el viaxaban outras tres persoas, que quedaron ilesas.

De momento, a investigación está aberta pero todo apunta a unha velocidade excesiva.

Noticias web

14/10/2020