CRTVG

Buscar

Unha persoa falecida e dúas feridas graves ao chocaren dous turismos en Brión

Publicado o 02/11/2019 14:28

• Unha persoa falecida e dúas feridas graves ao chocaren dous turismos en Brión

• Un accidente de tráfico deixa dous mortos en Ames, na estrada de Bertamiráns a Negreira

• Accidente mortal en Ponte Caldelas

Unha persoa falecida e dúas feridas graves ao chocaren dous turismos en Brión

Unha persoa falece e dúas resultan feridas graves ao chocaren dous turismos en Brión. O accidente ocorreu sobre as 12:00 horas deste mediodía, cando os vehículos circulaban á altura do punto quilométrico 12 da AC-543, nos Ánxeles, no concello coruñés de Brión. Así o comunica o 112 Galicia na súa páxina web.

Foi a esa hora cando o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibiu a chamada dun particular, para pedir axuda.
Tras o aviso púxose en alerta o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros do Xallas e os membros do GES de Brión. Tamén foron informados a Policía Local e os efectivos de Protección Civil.


Debido á gravidade da situación, un helicóptero medicalizado do 061 tivo que desprazarse ata o lugar, e trasladar un dos feridos.


Segundo o 112 Galicia, tras seren liberados, os dous feridos e ocupantes do mesmo vehículo foron trasladados, un na aeronave e o outro en ambulancia ao hospital Clínico Universitario de Santiago.