Unha persoa falece na Cañiza nun accidente entre dous vehículos
Un home morreu esta tarde nun accidente ocorrido no concello pontevedrés da Cañiza. O 112 informa de que o falecemento se produciu ao bater un coche contra un vehículo que se pode conducir sen necesidade de ter carné.
#AXEGAInforma dun accidente mortal na #PO406, na #Cañiza. Unha persoa faleceu e outra resultou ferida despois de bater un turismo e un vehículo sen carné. Co equipo médico colaboran #BombeirosPonteareas e @PCRibadavia. Tamén @guardiacivil de Tráfico e Protección Civil da vila. pic.twitter.com/cExYg37bzZ
— 112Galicia (@112Galicia) November 5, 2020
O sinistro produciuse na estrada PO-406 que vai da Cañiza a Cortegada. Foi contra as catro da tarde. Ata o lugar do accidente desprazouse un helicóptero do 061, pero cando chegou o condutor xa falecera. Segundo as primeiras informacións, a vítima, que quedou atrapada dentro do interior do vehículo, é a persoa que conducía o coche sen carné.