CRTVG

Buscar

Unha persoa falece en Foz ao envorcar co seu automóbil por un barranco

Publicado o 21/09/2019 15:08

Un home de 92 anos morreu esta mañá nun accidente de tráfico en San Martiño, no concello mariñao de Foz. O accidente débese a unha saída de vía do vehículo, que motivou que fose rodando por unha pequena ladeira e que quedase envorcado o vehículo. Malia que cando chegaron os servizos de emerxencia do GES de Cervo o home aínda estaba con vida, finalmente acabou morrendo no lugar do sinistro.

E a tres quilómetros do lugar en que se produciu este accidente e con só sete minutos de diferenza, houbo outra saída de vía no lugar de Santa Cecilia, tamén no concello de Foz, na que un vehículo bateu contra uha farola de cemento que acabou rota na estrada. Os bombeiros de Barreiros tiveron que excarcerar os dous ocupantes do turismo.

Noticias web

21/09/2019