CRTVG

Buscar

Unha pelexa no barrio coruñés dos Mallos deixa dous feridos por arma branca

Publicado o 10/03/2020 14:38

Aconteceu á medianoite. No interior desta cafetería do barrio dos Mallos atopábase un grupo de mozos. Nun momento dado, e por causas aínda descoñecidas, iniciaron unha forte discusión.

Dúas persoas quedaron feridas por arma branca. Sangraban de xeito abundante e, aínda hoxe, había restos de sangue polas beirarrúas do barrio. Amais, outros mozos resultaron feridos leves e foron atendidos no mesmo lugar dos feitos polos sanitarios.

Os veciños aseguran que este non é un caso illado. Algúns, malia levar vivindo décadas neste barrio, recoñecen ter medo hoxe en día.

A Policía Nacional xa abríu unha investigación para poder esclarecer os feitos e dar co paradoiro dos agresores.

Noticias web

10/03/2020