CRTVG

Buscar

Unha peiteadora de Vigo pasa a noite no negocio para denunciar uns ladróns no momento do roubo

Publicado o 19/09/2019 14:50

A valentía dunha peiteadora permitiu deter dous individuos que levaban un mes sementando o pánico entre os comerciantes de Travesía de Vigo. Aproveitaban a noite para romper cristais e pechaduras para entrar en varios establecementos.

No último dos seus roubos foi vital a colaboración da súa propietaria. Decidiu pasar a noite nun anexo ao seu salón de peiteado e, cando soubo que a estaban roubando, chamou a policía, que os detivo minutos despois. 

A agudeza de María Xosé foi vital para rematar cunha vaga de roubos que afectou varios establecementos de Travesía de Vigo. O seu salón de peiteado foi o último obxectivo dos ladróns. A noite do roubo decidiron pasala nun anexo do seu salón de peitado. Durmían nese intre cando, pasadas as tres da madrugada, escoitaron os ruídos e decidiron chamar a policía.

A rapidez e a boa sintonía entre policía e propietaria permitiu pór fin a unha vaga de roubos que sumaba xa varias semanas. A detención destes dous individuos, un deles veciño da zona, permitiu que María Xosé puidese recuperar o seu ordenador, os secadores e o diñeiro das propinas.

A vaga de roubos afectou varios establecementos desta Travesía de Vigo. Nalgúns establecementos os danos aínda eran visibles.

María Xosé puido abrir o seu salón de peiteado a pesar dos estragos. Volve a normalidade máis tranquila, pero pedindo que estas dúas persoas tarden tempo en retornar á zona e que cando o fagan reciban a axuda adecuada.

Noticias web

19/09/2019