CRTVG

Buscar

Unha pataforma permitirá a reserva de prazas en albergues

Publicado o 20/10/2021 16:49

Os albergues galegos van contar cunha plataforma de reservas a través de Internet para atender o incremento da demanda que están tendo.

Dende xaneiro chegaron a Santiago 160.000 peregrinos cando as previsións para todo o ano eran de 140.000.

Os datos confirmounos o vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda na sinatura dun convenio de colaboración coa rede de albergues privados, para poñer en valor a calidade destes establecementos.

Noticias web

20/10/2021