CRTVG

Buscar

Unha pastelería de Arcade reparte tortas a familias desfavorecidas coa axuda de Protección Civil

Publicado o 15/05/2020 14:06

Unha pastelería de Arcade repartiu hoxe setenta tortas a familias desfavorecidas grazas a Proteción Civil de Soutomaior.

A baixada de ingresos por mor da situación que estamos a vivir fixo que moitos renuncien a extras como doces ou pasteis, e iso foi o que quixo solucionar Isabel, cunha variedade de tortas dignas do mellor gourmet.

Alta pastelería para as familias desfavorecidas, esta foi a idea de Isabel Pérez. Consciente da crise que afecta moitas familias, decidiu colaborar co que mellor sabe facer: tortas.

Elaborou setenta, desde as máis clásicas, como a de mazá, ata outras máis innovadoras, como a Red Velvet.

Isabel considera que unha boa sobremesa é quen de alegrarlle o día a moitas persoas.

As tortas foron repartidas polos domicilios das persoas con menos recursos por persoal de Protección Civil da vila.

Noticias web

15/05/2020