CRTVG

Buscar

Unha parella ten unha pequena plantación de plátano canario no seu xardín

Publicado o 18/10/2021 15:13

Carmiña e Pepe teñen unha pequena plantación de plátano canario no seu xardín. Gravaron un vídeo inmortalizando o momento en que Pepe cortaba o primeiro acio dos seus plataneiros. 

Pesaba, concretamente, doce quilos e medio. Isto foi hai dous anos. Hoxe, neste pequeno invernadoiro, continúan madurando estes plátanos canarios galegos. Son a descendencia das catro plantas que Pepe e Carmiña trouxeron dunha viaxe ás Canarias. Foron ata a Arucas a por elas. 

Non todos os netos teñen a sorte de comer plátano canario cultivado en Galicia. E isto foi posible grazas ao agarimo co que Carmiña e Pepe coidan a súa horta e o seu xardín, onde cultivan dende plátanos ata pistachos ou mesmo aguacates. 

 

Noticias web

18/10/2021