CRTVG

Buscar

Unha parella que ignorou o confinamento ten que ser rescatada na serra madrileña

Publicado o 17/03/2020 10:43
A Garda Civil, axentes forestais da Comunidade de Madrid e persoal do Parque Nacional de Peñalara rescataron unha parella que pediu auxilio tras verse en apuros na montaña.

Segundo informa a Garda Civil nun comunicado, un home de 43 anos de nacionalidade peruana e unha muller de 32, de nacionalidade rusa, saíron ao monte o sábado a pesar da prohibición decretada. Atopáronos nun refuxio realizado con ramas, sen roupa nin calzado axeitados. Desde alí chamaron alertando de que a muller tiña dificultades para andar e estaba mareada.

Unha vez localizados, as dúas persoas presentaban unha lixeira hipotermia. Tras lles facilitaren os axentes roupa seca, trasladáronos a Cercedilla.