Unha parella ofrécese a acoller no seu fogar a muller que vive no coche tras un desafiuzamento
Jorge recíbenos na súa vivenda de Barrantes, Ribadumia, onde nos conta que vive coa súa parella. Chamounos despois de ver no Galicia noticias de onte a historia de Carmen Seoane, a padronesa que vive no seu coche logo de ser desafiuzada. Jorge, que di coñecer en carne propia o que é quedar sen fogara, decidiu facerlle sitio na casa a Carmen. E, coa nosa mediación, así llo contaba.
Jorge Veiga fala por teléfono con Carmen Seoane para ofrecerlle a súa vivenda: "Ofrézolle unha cama, un teito, non durmiría vostede no coche como está a durmir e tería un prato de comida, disporía dun baño. E aínda que estea coa miña parella, pois non hai problema. Habería tranquilidade, eu son unha persoa moi sociable. Teño unha leira, onde boto pementos, tomates... É o que lle podo ofrecer canda a miña parella, ata que a súa situación se poida poñer ben".
Neste primeira conversa, Carmen amosouse moi agradecida pola proposta de Jorge, que lle proporcionou o seu número de teléfono.
Carmen Seoane afirmaba onte que leva buscando onde vivir, pero que non atopaba, polo que estaba a durmir no coche, segundo dixo, que é tamén onde ten as súas pertenzas.
Onte foi Jorge quen viu a imaxe e expresión da muller, que suscitou a súa solidariedade. Agora Carme tamén sabe máis de quen lle ofrece acubillo, segundo nos dixo, altruistamente, en Barrantes. Quedaron en volver falar.