Unha parella e o seu fillo morren en Curtis por unha intoxicación de monóxido de carbono
O temporal deixou sen luz a parroquia de Fisteus durante a tarde de onte. O matrimonio e máis o fillo que vivían nesta casa da aldea do Igresario prenderon o xerador do soto e deixárono en funcionamento ata a medianoite. A acumulación de monóxido de carbono nese espazo pechado provocou a desenlace fatal.
Francisco Caínzos, alcalde de Curtis: "Atopounos o irmán do falecido porque non daba contactado con eles. O irmán estaba no soto ao carón dun xerador eléctrico que estaban utilizando desde as oito e media de onte porque esta zona estaba sen luz como consecuencia do temporal. Probablemente, cando foi apagalo foi cando a concentración de gases provocou o seu falecemento".
O matrimonio tiñan 81 e 86 anos. O fillo que vivía con eles, 51. Ao lugar desprazáronse a Garda Civil, a policía xudicial e un equipo de psicólogos enviado para artender a familia, moi afectada pola traxedia. Os cadáveres foron trasladados ao hospital da Coruña para realizarlles as autopsias.
Tamén foron trasladadas ao CHUAC dúas persoas de Malpica intoxicadas pola inhalación de monóxido de carbono procedente dun quentador en mal estado da súa vivenda.