CRTVG

Buscar

Unha parella de Barro merca unha casa para reformar e queda devorada polas lapas

Publicado o 22/10/2021 15:04

Raquel e Alberto son unha parella de Barro con dúas nenas de cinco e un anos. O seu proxecto de futuro era unha casa antiga que mercaron no mes de maio e que estaban a reformar eles sós e aos poucos, para criar as súas fillas na tranquilidade que lles proporciona a aldea. Pero este proxecto quedou truncado por un incendio.

Aínda que polo de agora non se saben as causas, o incendio puido deberse a un curtocircuíto. Parece que a estrutura que sostén a casa, que é de pedra, non sufriu danos, pero o resto da vivenda quedou inservible, mesmo o tractor e máquinas do traballo de Alberto quedaron calcinadas.

Alberto e Raquel viven coas súas fillas nun piso en Barro e a súa intención era mudarse en canto rematasen as obras. Agora, as lapas amolaron os seus plans, pero, iso si, non perden a ilusión de estrear o seu ansiado fogar.

Noticias web

22/10/2021