CRTVG

Buscar

Unha parella da Coruña celebra as vodas de titanio: 70 anos casados

Publicado o 02/09/2020 15:21

Emilio Durán e Lucía de la Colina tiveron 8 fillos, 23 netos e 13 bisnetos

Lucía e Emilio na igrexa de Santo Domingo da Coruña un 2 de setembro de 1950... 70 anos despois, Lucía e Emilio sosteñen a imaxe, falan, recordan.

"Cando casamos o sacerdote díxonos 'amor e sacrificio'. Gañaba unha oposición e xa pensaba en mellorar, en gañar a seguinte", di Emilio Durán.

Hoxe é un día de parabéns e flores. Emilio foi rexistrador da propiedade e notario. A vida levounos por doce cidades, onde foron nacendo os fillos. Hoxe os descendentes son case 50.  

"8 fillos, 23 netos, 13 bisnetos... Hai de todo. Franceses, húngaras, brasileiros. Estamos universalizados. Non sobra ninguén", comenta.

Bo humor e boa saúde

Emilio ten 97 anos e escribiu a súa tese con 80. O seu avó foi o doutor Durán, que tivo o primeiro coche de Galicia e probablemente de España. Lucía naceu en México. Hoxe é un día para celebrar. "Imos ir comer ao Náutico cos fillos que están e as miñas irmás. Unha está casada con Sánchez Salorio, outra con Romay, outra con García Carro e outra está viúva", di Lucía de la Colina.

Emilio e Lucía nada teñen que envexar á raíña de Inglaterra, que fixo 72 anos casada co príncipe Filipe. Están felices e con saúde, rodeados dos seus e, ademais, viven na Coruña.

Noticias web

02/09/2020