CRTVG

Buscar

Intoxicada unha parella de Muxía por un incendio na súa vivenda

Publicado o 03/01/2018 21:25

Incendio en Muxía, na casa dunha parella de septuaxenarios, que acabaron intoxicados por inhalación de fume. E aínda bo é que a muller espertou, e tiveron tempo de saír polo seu pé da casa.

Un fallo eléctrico é a causa máis probable do incendio que se declarou de madrugada nesta vivenda de Muxía. O lume orixinouse nun anexo da casa, nunha zona onde había varios electrodomésticos. 

Dentro durmían os donos, un matrimonio duns setenta anos, e un neto adolescente. Todos conseguiron saír da casa polo seu pé.

Unha ambulancia trasladou o matrimonio ao hospital de Cee.

O lume controlouse axiña. Entre un veciño e unha patrulla da Garda Civil xa case o apagaran cando chegaron os voluntarios de Protección Civil, e logo os bombeiros de Cee.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2018