Unha papeleira lusa estuda instalarse en Cervo que xeraría dous mil empregos
Publicado o 11/10/2021 14:51
A planta lusa de fibras vexetais sería un respiro para unha comarca sumida nunha grave crise industrial á espera da resolución dos eres en Alcoa e Vestas que ameazan máis de mil empregos.
O proxecto xera esperanza, pero tamén se recibe con cautela. O potencial forestal da comarca sitúana entre as localizacións preferidas da multinacional papeleira. A Mariña, co resto do norte da comunidade, concentra unha cuarta parte da produción de madeira a nivel nacional, así coma as metade das cortas que se fan en Galicia.
Sería unha planta de transformación de residuos forestais en fibra téxtil. En concreto, dunha fibra sintética, a lyocell, que se obtén fundamentalmente do eucalipto.