Unha panadería de Montederramo elabora bicas de té matcha e millo corvo
Publicado o 07/12/2020 22:08
Coa receita tradicional da bica, nesta panadería Vilanova de Montederramo, Pilar e o seu irmán deciciron innovar e incorporar novos ingredientes: o millo corvo e o té machta e de aí as súas cores, escura e verde.
Despois Carlos viu que estaban a recuperar na costa o cultivo do millo corvo e pensou en incorporalo ás súas bicas. E desde hai uns meses estanas elaborando e mesmo comezaron a vendelas na Internet.
Aquí ademais destas bicas negras e verdes tamén elaboran de xeito artesanal a bica tradicional manteigada, a bica de castañas e de noces con pasas.