CRTVG

Buscar

Unha panadería artesanal de Cea logra unha das certificacións máis esixentes do mundo

Publicado o 16/10/2019 20:41

Cinco meses leva aberto este forno de pan en Cea. Aquí seguen o xeito tradicional de elaboración do seu produto estrela. Utilizan fariña de trigo Caaveiro, cen por cento autóctona, elaboran a súa masa madre e transportan o pan en furgóns isotérmicos para conservar a súa textura. Pero quixeron dar un paso máis e apostar pola sostibilidade.

Solicitaron ademais unha das máis esixentes certificacións internacionais do sector alimentario: a IFS.

Vangarda e tradición van da man nesta proposta en que, apuntan, o fundamental é garantir a calidade dun produto que se escribe con maiúsculas na gastronomía galega.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/10/2019