CRTVG

Buscar

Unha ovella pare por sorpresa catro años nunha aldea de Lalín

Publicado o 20/05/2019 14:22

Saladina e Pilar, veciñas da parroquia lalinense de Busto, encárganse diariamente de coidar as súas ovellas. Pacen xuntas, pero non contaban con que dúas delas estivesen preñadas, e menos con que se puxesen de parto ao mesmo tempo. O normal é que teñan un ou dous años, suficientes para que a nai poida mantelos, pero a súa sorpresa foi dobre ao comprobar que desta volta unha delas parira catro años, algo que nunca viran.

Esa mesma ovella xa parira tres cordeiros hai pouco tempo, contan, pero ningún deles estaba vivo. A clave deste último parto, segundo elas, pode estar na calidade do carneiro.

Son demasiados para que a nai consiga aleitalos todos, polo que Pilar encárgase estes días de darlles o biberón ata catro veces ao día.

En Busto, estes días, todos comentan a chegada destes catro pequenos veciños.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/05/2019