Unha operación antidroga en Cee remata con dous rexistros domiciliarios e a incautación de estupefacientes
Publicado o 06/10/2021 21:56

Nunha operación antidroga en Cee ata 30 axentes da Garda Civil interviron no rexistro de dúas vivendas. Está decretado o segredo do sumario. Sábese que hai detencións, pero fontes da operación aínda non o confirmaron.
Si transcendeu a incautación de diversas substancias estupefacientes nos rexistros domiciliarios que se fixeron en dúas rúas próximas á zona portuaria de Cee, nunha zona considerada de venda habitual de drogas polos veciños. A Garda Civil emitirá un comunicado oficial nas vindeiras horas.