CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Unha ONG de Miami quere converter o Camiño Primitivo na Ruta dos Dereitos Humanos

Publicado o 05/10/2015 15:23
Unha ONG de Miami, que se dedica a divulgar os dereitos humanos a través da arte, quere converter o Camiño nun dos espazos de referencia do seu labor,
porque din que os valores universais coinciden cos da peregrinación xacobea.
As responsables da Fundación Solidarity for Human Rights presentaron en Santiago o seu proxecto, que empeza en 2016 cunha sinalización nova da ruta entre Oviedo e Compostela. Colocarán 30 reproducións dunha obra de arte co texto de cada un dos artigos da Declaración Universal. Aseguran que o 95% dos cidadáns non coñece estes dereitos básicos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí