Unha ONG alerta dun ataque da garda costeira libia a un bote de inmigrantes
Publicado o 02/07/2021 08:46
A oenegué Sea-Watch International alertou dun ataque da garda costeira libia a un bote de inmigrantes en augas do Mediterráneo. Nunhas imaxes gravadas desde un avión da oenegué pódese ver como a patrulleira libia persegue o bote mentres os seus tripulantes disparan e guindan obxectos contra a embarcación. A oenegué denunciou que a patrulleira é unha das doadas por Italia ao país africano en 2017 e reclamou a Malta que cumpra coas súas responsabilidades na zona de rescate que ten asignada no Mediterráneo, que sería onde ocorreu o ataque.