CRTVG

Buscar

Unha nova xornada negra da economía deixa A Arxentina á beira do abismo

Publicado o 26/04/2019 16:33

A recesión económica parece no ter fin na Arxentina, que este xoves volveu vivir unha xornada negra, con caídas nos valores da bolsa e unha nova depreciación do peso.

A crise de confianza dos mercados internacionais sobre a economía arxentina situou o risco-país por riba dos 1.000 puntos básicos, aínda que ao peche se situou nos 950.

Cando faltan seis meses para as eleccións presidenciais, as opcións de Mauricio Macri de repetir diminúen na mesma medida que aumentan as posibilidades dunha vitoria peronista, o que suporía o retorno de Cristina Fernández de Kirchner á presidencia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/04/2019