Unha nova vida como hotel de catro estrelas para a reitoral de Paraños
Jose e Maite, que teñen unha empresa de enxeñería inmobiliaria, querían crear algo que permanecese no tempo na súa terra orixinaria, o concello de Covelo. Comezaron a obra deste hotel de catro estrelas, cun proxecto arquitectónico de Marcos Domínguez de Diego, cun grande investimento e ilusión. E entón chegou a pandemia.
A reitoral de Paraños, que é de 1870, está no lugar da Margarida. A terra que ven mañá, literalmente mañá, será céspede. O sábado estarán aquí os primeiros hóspedes. Verán o monte aos pés do río Xabriña e poderán ir á Franqueira, montar en bibi eléctrica ou a cabalo. A idea destes irmáns emprendedores sempre foi dar vida, dinamizar cultural e socialmente, este lugar que lles pertence e ao que pertencen.
Ademais dos seis cuartos da antiga casa do cura hai sete apartamentos deseñados para facer vida en familia sen mesturarse con outros clientes. O proxecto contou cunha axuda económica do programa de desenvolvemento rural da Xunta.